
O alumnado de 1º de ESO, na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudable, deconstruiu o corpo humano para ver de que elementos químicos se compón. Logo reconstruímolo para crear a Fermin e Felisa e comprobar se os nosos compañeiros de 4º de ESO sabían tanta Anatomía coma nós. Fixemos un concurso para ver que grupo de 4º remataba antes de poñer os nomes en galego e en inglés sobre o esqueleto...acertando, claro!




Ningún comentario:
Publicar un comentario