mércores, 30 de marzo de 2016

ALMORZOS SAUDABLES

Para preparar o voso almorzo saudable podedes consultar a presentación seguinte que vos dará información sobre os grupos de alimentos e nutrintes que debe de conter así como das calorías que debe de supor. Tedes que ter en conta que as necesidades calóricas diarias dunha persoa oscilan entre as 2000 e 3000 aproximadamente en función do seu tamaño e idade e de se ten un estilo de vida sedentario, moderadamente activo ou moi activo.
Lembrade que o IES vos facilitará froitos secos e zume natural para as vosas racións e que vos teredes que completalo de xeito que todos os integrantes do voso grupo poidan facer un amorzo saudable, nutritivo, variado e delicioso. Ánimo!

ALMORZO SAUDABLE

Na seguinte presentación do Slideshare poderás ver como noutros países do noso contorno tamén se fai fincapé na importancia do almorzo para a saúde, a liña e o desempeño escolar:

Pequeno almoço, a refeiçâo mais importante do dia.












martes, 15 de marzo de 2016

ACROSPORT. AQUÍ PODES ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE ESTE DEPORTE

Premendo no link "Presentación de Acrosport" poderás atopar información básica sobre esta modalidade deportiva.

Tamén podedes atopar algúns vídeos e exemplos de coreografías acrobáticas simples para axudarvos a preparar a vosa. Ánimo!


BADMINTON. COÑECE AS NORMAS E XESTOS TÉCNICOS

Nos enlaces de abaixo poderás atopar unha presentación coa información básica sobre o Badminton (premendo enriba de "Presentación de Badminton") e tres vídeos nos que poderás ver aspectos xerais e os golpeos básicos do xogo. Fíxate no nome dos distintos golpeos e as súas traxectorias, porque o seu coñecemento te permitirá obter vantaxe durante o xogo.

PRESENTACIÓN DE BADMINTON