venres, 26 de maio de 2017

AFROITATE CON NÓS

Durante este curso, servíronse racións de froitas frescas  para todo o alumnado. No inverno, laranxas, mandarinas, plátanos, noces ou dátiles... Na primavera, o tempo dos amorodos e dos nísperos e no verán melón, sandía, froita de pedra, peras... Cheas de vitaminas, de cor e de sabor. Ummm!














NUTRICION



Nesta nova poderás atopar unha presentación que che axudará a calcular o teu gasto calórico diario; a calcular o valor calórico dos alimentos que consumes  e a coñecer a importancia da hidratación.
Podes empregala para facer os traballos de Educación Física desta 2ª Avaliación

Nutrición. Gasto, inxesta e balance calórico.

Tamén atoparás a táboa de cálculo de gramos por ración de distintos alimentos de consumo habitual para que poidas realizar con éxito o traballo de Educación Física. Lembra que o prazo de entrega finaliza o vindeiro luns 14 de marzo.

TABOA DE CALCULO DO PESO DE DISTINTAS RACIÓNS DE ALIMENTOS

TRABALLO DE NUTRICION PARA EDUCACION FISICA

martes, 9 de maio de 2017

ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS

No vídeo realizado por estes alumnos do segundo curso de Ciencias da Actividade Física e do Deporte poderás observar os elementos ximnásticos máis básicos e algunhas axudas para realizalos con maior seguridade.

Iniciación ás actividades ximnásticas

Lembra que en todo caso sempre se debe de contar co material necesario para garantir a seguridade e que para realizar elementos complexos é fundamental empezar por facer CORRECTAMENTE os máis sixelos.

XENERALIDADES DO VOLEIBOL

Nestes outros enlaces atoparás nocións básicas sobre o Voleibol que che axudaran a comprender as normas do xogo e as accións técnicas básicas. Preme nos distintos enlaces para ver as presentacións realizadas polos teus compañeiros:

NOCIÓNS BÁSICAS DE VOLEIBOL

VOLEIBOL. O XOGO

O VOLEIBOL

luns, 8 de maio de 2017

APRENDE UN NOVO DEPORTE E DIVÍRTETE CO FLOORBALL


Aprende o regulamento do FLOORBALL e divírtete!


Regulamento do FLOORBALL
 O floorball é un xogo que naceu en Suecia, onde é un deporte moi relevante. Foi adoptado por moitos países como deporte de recreativo e competitivo. O seu regulamento é simple e, como deporte de equipo, permite a participación de todos os xogadores. 
Pode practicarse a calquera idade. é un xogo rápido que esixe a cada xogador que aportea súa contribución e como o xogo é intenso, pode ser empregado para mellorar a condición física. 
O regulamento do floorball baséase en previr e evitar as potenciais situacións de perigo. Toda acción violenta está excluída e non causa dano aos revestimentos das instalacións nas que se practica polo tipo de materiais cos que se xoga. 
REGRAS DO FLOORBALL
Está permitido:
  • Golpear ou dirixir a bola cos dous lados do stick. 
  • Parar a bola co stick, o pie ou o peito. 
  • Dirixir a bola co pe cara o stick propio. 
  • Xogar co bordillo das beirarrúas ou coas paredes. 
  • Quitar a bola a un adversario.
Está prohibido:
  • Levantar o stick por enriba do xeonllo, incluso para coller unha bola alta. (Golpe franco)
  • Meter unha parte do corpo na zona de gol. (Para atacantes, golpe franco; para defensores, penalti).
  • Parar unha bola coa cabeza ou coa man.
  • Facer un pase co pé. (Golpe franco).
  • Xogar a bola cando estás no chan. (Golpe franco).
  • Levantar ou inmovilizar o stick dun adversario.
  • Dar golpes a un xogador. (Penalti-expulsión)
  • Atacar violentamente a un adversario ou xogar de forma perigosa. (Penalti-expulsión).
  • Opoñerse ao adversario co corpo ou empurralo. (Golpe franco).
  • Poñer zancadillas ou colocar o stick entre as pernas do adversario. (Penalti).

ORGANIZACIÓN DO XOGO
El campo:
O campo pode ter variadas dimensións e superficies. As dimensións recomendadas son de 10 x 20 metros, é dicir, un cuarto do campo de balonmán. O terreo debería estar, preferentemente, rodeado de paredes. As porterías deberán de ser de 90 x 105 cm ou de 40 x 75 cm. A zona de gol debe de ter un radio de 1,5 metros e estar delimitada cunha liña pintada con tiza. 
Os xogadores:
O regulamento establece que o número de xogadores debe de ser proporcional ás dimensións do campo. Nun de 20 x 10 metros xogarán 3 ou 4 xogadores por equipo. Un de 40 x 20 xogarán ata 5 e nun de 60 x 30 xogarán ata 6. 
La duración del juego:
A duración dun partido de floorball é de 2x15 minutos, con descanso. Non hai tempos mortos.
Saque inicial:
Ao inicio do partido o árbitro lanza a bola entre os dous capitáns ou capitanas de xeito que faga un pequeno rebote. Os resto dos xogadores deben de estar a 3 metros destes. 
Outra forma de sacar é un saque neutro no que os capitáns realizan 3 toques no chan antes de intentar controlar a bola para conducila ou pasala. 
Saque de falta:
Realizase no lugar no que se producíu a falta. A bola non pode dirixirse directamente á portería. Os xogadores contrarios non poden estar a menos de 3 metros do que saca nin a bola a menos de 3 metros da portería. O que saca non pode tocar a bola de novo antes de que a toque outro xogador. 
O penalti:
O penalti é executado desde un punto situado a 7 metros da línea de gol. Non pode haber ninguén na porteria. Durante o penalti todos os xogadores teñen que estar separados e non  poden tocar a bola. Despois de tirar o penalti a bola non pode ser xogada.  Hai que empezar de novo o xogo desde a liña de gol. 
Saque despois de marcar gol:
Os xogadores teñen que estar no seu campo. Sácase cara o campo oposto, non cara os lados. Os xogadores adversarios non poden estar a menos de 3 metros da bola e o xogador que saca non pode volver a tocar a bola antes de que o faga outro xogador. 
A zona de gol:
La defensa está formada polos xogadores fora da zona. Ningun pode entrar nesa zona de gol. Se ocurre iso, o árbitros sanciona cun golpe franco cando o fai un atacante ou cun penalti cando o fai un defensor. 
O regulamento do floorball pode ser modificado segundo conveña ao adestrador ou profesor.