Nestas presentacións poderás saber un pouco máis sobre as dietas Altántica e Mediterránea, dous paradigmas de dietas saudables recoñecidas internacionalmente:
DIETA MEDITERRÁNEA
DIETA ATLÁNTICA
Na última presentación tes unha interesante advertencia en forma de decálogo que atopamos en Internet sobre ideas que se nos ocorren e que pensamos que poden ser boas e, sen embargo, resultan terriblemente malas:
IDEAS GARRAFALES
luns, 26 de xuño de 2017
PROXECTO XERMOLÓN
O alumnado de bacharelato do IES realizou un minucioso análise dos produtos que se poden atopar e mercar na cafetería do centro. Estudiaron os seus ingredientes e a súa composición nutricional e descubriron que existen alternativas máis saudables que nos aportan máis nutrintes e menores cantidades de azucres simples, graxas saturadas ou sal e, sen embargo, teñen outros minerais como o potasio, calcio ou ferro e vitaminas.
Se segues os seus consellos nutricionais deixarás de consumir calorías valeiras e terás unha dieta máis saudable. Esto vai facer que esteas máis san, vital e alegre.
ANALISE NUTRICIONAL DOS GUSANITOS
ANALISE DA COCA COLA
ANÁLISE DO CHUPA CHUPS
ANALISE DA CAÑA DE CHOCOLATE
Se segues os seus consellos nutricionais deixarás de consumir calorías valeiras e terás unha dieta máis saudable. Esto vai facer que esteas máis san, vital e alegre.
ANALISE NUTRICIONAL DOS GUSANITOS
ANALISE DA COCA COLA
ANÁLISE DO CHUPA CHUPS
ANALISE DA CAÑA DE CHOCOLATE
xoves, 22 de xuño de 2017
DECONSTRUINDO O CORPO

O alumnado de 1º de ESO, na materia de Promoción de Estilos de Vida Saudable, deconstruiu o corpo humano para ver de que elementos químicos se compón. Logo reconstruímolo para crear a Fermin e Felisa e comprobar se os nosos compañeiros de 4º de ESO sabían tanta Anatomía coma nós. Fixemos un concurso para ver que grupo de 4º remataba antes de poñer os nomes en galego e en inglés sobre o esqueleto...acertando, claro!mércores, 21 de xuño de 2017
A HORTA DE MARGA...COMÉMOLA
Despois de analizar os alimentos da cafetería do IES pormenorizadamente, é preciso pensar nunha alternativa saudable aos alimentos procesados e envasados que adoitamos tomar. Coa profe Marga fomos sementando, abonando, regando e ao final, tivemos a nosa recompensa... organizamos o xantar saudable na cafetería e comemos os nosos produtos, naturais... e algún non tanto, pero é que a variedade tamén é importante!




venres, 2 de xuño de 2017
EQUILIBRIO ENERXÉTICO
Nesta presentación atoparás un interesante vídeo no que se explica o balance enerxético do organismo.
xoves, 1 de xuño de 2017
ALMORZOS SAUDABLES
OBRADOIROS DA SEMANA DA SAUDE
venres, 26 de maio de 2017
AFROITATE CON NÓS
NUTRICION
Nesta nova poderás atopar unha presentación que che axudará a calcular o teu gasto calórico diario; a calcular o valor calórico dos alimentos que consumes e a coñecer a importancia da hidratación.
Podes empregala para facer os traballos de Educación Física desta 2ª Avaliación
Nutrición. Gasto, inxesta e balance calórico.
Tamén atoparás a táboa de cálculo de gramos por ración de distintos alimentos de consumo habitual para que poidas realizar con éxito o traballo de Educación Física. Lembra que o prazo de entrega finaliza o vindeiro luns 14 de marzo.
TABOA DE CALCULO DO PESO DE DISTINTAS RACIÓNS DE ALIMENTOS
TRABALLO DE NUTRICION PARA EDUCACION FISICA
martes, 9 de maio de 2017
ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS
No vídeo realizado por estes alumnos do segundo curso de Ciencias da Actividade Física e do Deporte poderás observar os elementos ximnásticos máis básicos e algunhas axudas para realizalos con maior seguridade.
Iniciación ás actividades ximnásticas
Lembra que en todo caso sempre se debe de contar co material necesario para garantir a seguridade e que para realizar elementos complexos é fundamental empezar por facer CORRECTAMENTE os máis sixelos.
Iniciación ás actividades ximnásticas
Lembra que en todo caso sempre se debe de contar co material necesario para garantir a seguridade e que para realizar elementos complexos é fundamental empezar por facer CORRECTAMENTE os máis sixelos.
XENERALIDADES DO VOLEIBOL
Nestes outros enlaces atoparás nocións básicas sobre o Voleibol que che axudaran a comprender as normas do xogo e as accións técnicas básicas. Preme nos distintos enlaces para ver as presentacións realizadas polos teus compañeiros:
NOCIÓNS BÁSICAS DE VOLEIBOL
VOLEIBOL. O XOGO
O VOLEIBOL
NOCIÓNS BÁSICAS DE VOLEIBOL
VOLEIBOL. O XOGO
O VOLEIBOL
luns, 8 de maio de 2017
APRENDE UN NOVO DEPORTE E DIVÍRTETE CO FLOORBALL
Aprende o regulamento do FLOORBALL e divírtete!
Regulamento do FLOORBALL
O floorball é un xogo que naceu en Suecia, onde é un deporte moi relevante. Foi adoptado por moitos países como deporte de recreativo e competitivo. O seu regulamento é simple e, como deporte de equipo, permite a participación de todos os xogadores.
Pode practicarse a calquera idade. é un xogo rápido que esixe a cada xogador que aportea súa contribución e como o xogo é intenso, pode ser empregado para mellorar a condición física.
O regulamento do floorball baséase en previr e evitar as potenciais situacións de perigo. Toda acción violenta está excluída e non causa dano aos revestimentos das instalacións nas que se practica polo tipo de materiais cos que se xoga.
REGRAS DO FLOORBALL
Está permitido:
- Golpear ou dirixir a bola cos dous lados do stick.
- Parar a bola co stick, o pie ou o peito.
- Dirixir a bola co pe cara o stick propio.
- Xogar co bordillo das beirarrúas ou coas paredes.
- Quitar a bola a un adversario.
Está prohibido:
- Levantar o stick por enriba do xeonllo, incluso para coller unha bola alta. (Golpe franco)
- Meter unha parte do corpo na zona de gol. (Para atacantes, golpe franco; para defensores, penalti).
- Parar unha bola coa cabeza ou coa man.
- Facer un pase co pé. (Golpe franco).
- Xogar a bola cando estás no chan. (Golpe franco).
- Levantar ou inmovilizar o stick dun adversario.
- Dar golpes a un xogador. (Penalti-expulsión)
- Atacar violentamente a un adversario ou xogar de forma perigosa. (Penalti-expulsión).
- Opoñerse ao adversario co corpo ou empurralo. (Golpe franco).
- Poñer zancadillas ou colocar o stick entre as pernas do adversario. (Penalti).
ORGANIZACIÓN DO XOGO
El campo:
O campo pode ter variadas dimensións e superficies. As dimensións recomendadas son de 10 x 20 metros, é dicir, un cuarto do campo de balonmán. O terreo debería estar, preferentemente, rodeado de paredes. As porterías deberán de ser de 90 x 105 cm ou de 40 x 75 cm. A zona de gol debe de ter un radio de 1,5 metros e estar delimitada cunha liña pintada con tiza.
O campo pode ter variadas dimensións e superficies. As dimensións recomendadas son de 10 x 20 metros, é dicir, un cuarto do campo de balonmán. O terreo debería estar, preferentemente, rodeado de paredes. As porterías deberán de ser de 90 x 105 cm ou de 40 x 75 cm. A zona de gol debe de ter un radio de 1,5 metros e estar delimitada cunha liña pintada con tiza.
Os xogadores:
O regulamento establece que o número de xogadores debe de ser proporcional ás dimensións do campo. Nun de 20 x 10 metros xogarán 3 ou 4 xogadores por equipo. Un de 40 x 20 xogarán ata 5 e nun de 60 x 30 xogarán ata 6.
La duración del juego:
A duración dun partido de floorball é de 2x15 minutos, con descanso. Non hai tempos mortos.
Saque inicial:
Ao inicio do partido o árbitro lanza a bola entre os dous capitáns ou capitanas de xeito que faga un pequeno rebote. Os resto dos xogadores deben de estar a 3 metros destes.
Ao inicio do partido o árbitro lanza a bola entre os dous capitáns ou capitanas de xeito que faga un pequeno rebote. Os resto dos xogadores deben de estar a 3 metros destes.
Outra forma de sacar é un saque neutro no que os capitáns realizan 3 toques no chan antes de intentar controlar a bola para conducila ou pasala.
Saque de falta:
Realizase no lugar no que se producíu a falta. A bola non pode dirixirse directamente á portería. Os xogadores contrarios non poden estar a menos de 3 metros do que saca nin a bola a menos de 3 metros da portería. O que saca non pode tocar a bola de novo antes de que a toque outro xogador.
O penalti:
O penalti é executado desde un punto situado a 7 metros da línea de gol. Non pode haber ninguén na porteria. Durante o penalti todos os xogadores teñen que estar separados e non poden tocar a bola. Despois de tirar o penalti a bola non pode ser xogada. Hai que empezar de novo o xogo desde a liña de gol.
Saque despois de marcar gol:
Os xogadores teñen que estar no seu campo. Sácase cara o campo oposto, non cara os lados. Os xogadores adversarios non poden estar a menos de 3 metros da bola e o xogador que saca non pode volver a tocar a bola antes de que o faga outro xogador.
A zona de gol:
La defensa está formada polos xogadores fora da zona. Ningun pode entrar nesa zona de gol. Se ocurre iso, o árbitros sanciona cun golpe franco cando o fai un atacante ou cun penalti cando o fai un defensor.
O regulamento do floorball pode ser modificado segundo conveña ao adestrador ou profesor.
venres, 10 de marzo de 2017
REGRAS DO VOLEIBOL E VOLEIPRAIA
Nos seguintes vídeos de Youtube poderás ver un resumo das regras do Volei Praia e do Voleibol e atopar as diferenzas entre estas modalidades deportivas olímpicas, preme sobre o nome da modalidade e verás o seu regulamento básico.
VOLEI PRAIA

VOLEIBOL
Podes ver tamén os sinais arbitrais de voleibol neste video de 3 minutos:
SINAIS ARBITRAIS
VOLEI PRAIA

VOLEIBOL
Podes ver tamén os sinais arbitrais de voleibol neste video de 3 minutos:
SINAIS ARBITRAIS
O balonmán,. Regulamento e técnica
Nesta ventá poderás abrir a presentación co regulamento e as características do xogo do balonmán. É un deporte de equipo moi interesante e con moito arraigo na provincia de Pontevedra e en Redondela, no que contamos co equipo da SAR.
Abre a presentación premendo neste enlace: Balonmán

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















