martes, 22 de novembro de 2016
PRESENTACIONS PARA EXAMES E TRABALLOS DE BACHARELATO
Se pinchas no enlace de abaixo atoparás as presentacións que corresponden aos exames teóricos ou traballos de bacharelato. Nesta avaliacion entrarán as presentacións "ADESTRAMENTO DXTIVO" e "CONTINUUM ENERXETICO", ainda que podes botarlles un vistazo ás demais se sentes curiosidade.
PRESENTACIÓNS PARA O EXAME DE 1º DE BACHARELATO
luns, 21 de novembro de 2016
PRESENTACIONS PRIMEIRA AVALIACION 2016-2017
Preme no seguinte enlace para abrir o cartafol coas presentacións de Educación Física que te permitirán preparar o exame teórico da primeira avaliación. O alumnado de 3º de ESO terá que revisar as que corresponden á resistencia aeróbica e anaeróbica e tamén a velocidade. Ao alumnado de 4º de ESO correspondenlle as presentacións sobre a Flexibilidade e a Forza e botarlle un vistazo a presentación sobre valoracion artromuscular e á ficha de anatomía dos principais grupos musculares e as súas funcións. Non esquezades as probas que serven para avaliar cada unha das capacidades e que, en moitos casos, non están nas presentacións, pero que se fixeron nas clases prácticas.
PRESENTACIÓNS CAPACIDADES FÍSICAS
PRESENTACIÓNS CAPACIDADES FÍSICAS
domingo, 20 de novembro de 2016
Estudiar Educación Fisica e deportes en Pontevedra: ciclos deportivos de F.P, titulacións deportivas, estudios de grao, posgrao, master e doutorado
Estudiar
Educación Fisica e deportes en Pontevedra: ciclos deportivos de F.P, titulacións
deportivas, estudios de grao, posgrao, master e doutorado
Actualmente
existen dúas universidades nas que se poden realizar estudios de
Educción Física en Galicia. Esta é a oferta xeográficamente máis cercana a
Redondela para cursar estudios de ciclos de FP, ciclos deportivos ou graos de
Educación Física.
- Ciclos de Grao Superior: IES Sánchez Cantón/ IES A
Guía
- Titulacións Deportivas: IES Sánchez Cantón (Balonmán e
Futbolsala)
- Estudios de Grao: Universidade de Vigo. Campus de
Pontevedra / Universidade da Coruña. Bastiagueiro
- Posgrao: Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra
/Universidade da Coruña. Bastiagueiro
- Masters: Universidade
de Vigo. Campus de Pontevedra / Universidade da Coruña. Bastiagueiro
- Doutorado: Universidade de Vigo/ Universidade da Coruña
- Ciclos
de Formación Profesional de Grao Medio: IES de Poio
Aquí atoparás
información sobre cada nivel de estudios e os enlaces das webs dos centros ou
os mails de contacto.
F.P Grao Medio:
Centro: IES
de Poio.
Acceso: finalizada a ESO.
Contacto: 986771295 mail:
ies.depoio@edu.xunta.es
F.P Grao Superior:
Centro: IES Sánchez Cantón:
Acceso: Finalizado el Bachillerato o através
de un examen de acceso si has finalizado tus estudios de F.P de grado medio
Contacto:
986866505 email: ies.sanchez.canton@edu.xunta.es
Ciclos de
técnicos deportivos:
Blog “Ciclos Deporte”, post con información detallada sobre
requisitos de entrada, probas de acceso e especialidades das titulacións
deportivas impartidas no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
Contacto:
986866505 email: ies.sanchez.canton@edu.xunta.es
Estudios de grao:
Diplomatura en Educación Física:
No campus
de A Xunqueira en Pontevedra, na facultade de
CC da Educación e do Deporte
Estudios de grado: estudios de diplomatura en Educación Física e ás materias que se cursan nos 3 cursos desta diplomatura e
optativas
Licenciatura en Ciencias da Actividade
Física:
No campus de A Xunqueira en Pontevedra. Información sobre las probas de acceso e tamén asignaturas do plan de estudios de 4 anos.
Estudios de Posgrao, Master e Doutorado:
No campus
de a A Xunqueira en Pontevedra
Para finalizar, ide á web
da Universidade de Vigo para
calquer consulta.
Contacto: 986
812000 email: informacion@uvigo.es
venres, 6 de maio de 2016
mércores, 30 de marzo de 2016
ALMORZOS SAUDABLES
Para preparar o voso almorzo saudable podedes consultar a presentación seguinte que vos dará información sobre os grupos de alimentos e nutrintes que debe de conter así como das calorías que debe de supor. Tedes que ter en conta que as necesidades calóricas diarias dunha persoa oscilan entre as 2000 e 3000 aproximadamente en función do seu tamaño e idade e de se ten un estilo de vida sedentario, moderadamente activo ou moi activo.Lembrade que o IES vos facilitará froitos secos e zume natural para as vosas racións e que vos teredes que completalo de xeito que todos os integrantes do voso grupo poidan facer un amorzo saudable, nutritivo, variado e delicioso. Ánimo!
ALMORZO SAUDABLE
Na seguinte presentación do Slideshare poderás ver como noutros países do noso contorno tamén se fai fincapé na importancia do almorzo para a saúde, a liña e o desempeño escolar:
Pequeno almoço, a refeiçâo mais importante do dia.

martes, 15 de marzo de 2016
ACROSPORT. AQUÍ PODES ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE ESTE DEPORTE
Premendo no link "Presentación de Acrosport" poderás atopar información básica sobre esta modalidade deportiva.
Tamén podedes atopar algúns vídeos e exemplos de coreografías acrobáticas simples para axudarvos a preparar a vosa. Ánimo!
BADMINTON. COÑECE AS NORMAS E XESTOS TÉCNICOS
Nos enlaces de abaixo poderás atopar unha presentación coa información básica sobre o Badminton (premendo enriba de "Presentación de Badminton") e tres vídeos nos que poderás ver aspectos xerais e os golpeos básicos do xogo. Fíxate no nome dos distintos golpeos e as súas traxectorias, porque o seu coñecemento te permitirá obter vantaxe durante o xogo.
PRESENTACIÓN DE BADMINTON
PRESENTACIÓN DE BADMINTON
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)