luns, 20 de abril de 2015

SEMANA DA SAÚDE




A Semana da Saúde, que tivo lugar entre os días sete e dez de abril, á volta das vacacións, dou moi to de sí e o alumnado do Floriani participou nunha ampla e diversa variedade de actividades encamiñadas a mellorar a súa formación e experiencia  e fomentar a adquisición de hábitos saudables:


Obradoiro de Nutrición impartido por voluntarias da Cruz Vermella
Obradoiro de Consumo Responsable
O Sabor da Aventura está no Mar
Trivial Saudable
Obradoiro de Atletismo (altura e pértiga) impartido por Santi Ferrer Jr.
Obradoiro de Ciclismo impartido por Marcos Serrano
Obradoiro de Triatlon impartido por Lorena García
Obradoiro de Loita impartido por Xosé Luis Puentes
Obradoiro de Ximnasia Acrobática impartido por Jorge Méndez
Almorzos Saudables
Exposición "A saúde na prensa diaria" na cafetería do IES
Exposición de produtos de consumo responsable e comercio xusto na cafetería do IES

Se queres ver a presentación que fixo o noso orientador, fran Piñeiro, preme no seguinte enlace:
Semana da Saúde 2015